Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada sobre innovación na pesca en Burela

Burela, 7 de abril, 2021. A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo celebrou este mércores 7 de abril unha xornada sobre innovación na pesca. A xornada, que se organizou en colaboración con Armadores de Burela, tivo lugar no salón de actos de ABSA, no porto de Burela.
Desde as 10:30h ata as 13:30h presentáronse tres dos temas de maior interese para os armadores nos últimos anos, como son a observación electrónica, as novas tecnoloxías na pesca e as comunicacións dixitais.

A xornada abriuse con unha presentación sobre “Situación actual da observación electrónica”, a cargo de Óscar González, product manager de MarineObserve. A observación electrónica é un asunto de máxima actualidade debido ao debate que hai en Europa sobre a súa obrigatoriedade, e co que actualmente hai varios proxectos piloto na frota de OPP Lugo.

A continuación Sandra Brión, product manager de MarineView, tratou o “Uso da tecnoloxía para a identificación de mellores zonas de pesca”, baseada nos avances tecnolóxicos de posicionamento para mellorar a pesca.

E finalmente Carmelo Zabala, director xeral de Nautical abordou as inversións en comunicacións dixitais na súa ponencia “Comunicacións dixitais modernas: o pesqueiro dixital”, tratando a mellora das condicións de vida a bordo coa instalación de internet nos buques.
Esta xornada surxe da estreita colaboración que as empresas Marine Instruments e Grupo Nautical manteñen co sector pesqueiro de Burela, que se manifiesta a través do convenio de cooperación posto en marcha nos últimos anos coa frota palangreira de Burela.

Esta acción está enmarcada no Plan de Produción e Comercialización de OPP Lugo e cofinanciada pola Xunta de Galicia e Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

Exit mobile version