Site icon Crónica3.com A Mariña

8 medallas do CD Egovarros Viveiro no Campeinato galego Máster de pista ó aire libre

Viveiro, 30 de maio, 2021. Este sábado celebrouse no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, o Campionato galego Máster de Pista ó Aire Libre, con estrictas medidas anti covid, non permitindo a entrada de espectadores.

O Campeonato celebrouse en xornada de mañá e tarde baixo unhas altas temperaturas o que non permitiu acadar grandes marcas. Os atletas levan un ano moi irregular pola pandemia, con poucas competicións e non podendo adestrar de forma continuada, aínda así a participación foi moi elevada, estando representados a maioría dos clubs galegos.

Os atletas que desplazou o club viveirense acadaron 8 medallas. No apartado femenino, Mari Luz San Martín proclamouse campioa galega nos 100m e nos 400 metros en W70, e a súa compañeira Susana Parguiña foi subcampioa na proba de 400 metros en W55. Eliseo López, proclamouse campeón galego nos 5000 metros en M65, Domingo Álvarez acadou a prata nos 400m e o bronce nos 1500m en M65, Marcelo Vásquez foi medalla de prata en 1500m en M50, e o seu compañeiro José Ángel López, obtivo a medalla de bronce en 1500m en M45.

O domingo celebrouse na Pobra do Caramiñal o Campeonato Galego de Trail onde o atleta do C.D.Egovarros-Viveiro, Rufino Fernández, acadou a medalla de bronce na categoría de M55, a proba desenrolouse pola serra do Barbanza cun percorrido moi duro de 25km no que os atletas tiveron que soportar as continuas baixadas e subidas e a forte calor.

Exit mobile version