Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación colabora con Expomar para impulsar o sector pesqueiro da Mariña e os produtos do mar

Lugo, 20 de maio de 2021. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou de xeito telemático este xoves nas xornadas técnicas de Expomar 2021: Odisea en la pesca, organizadas pola Fundación Expomar. Esta cita anual combina este ano o formato presencial e telemático co obxectivo de achegar aos asistentes a situación na que se atopa o sector pesqueiro dende o punto de vista das distintas administracións, europea, española e galega.

A Deputación de Lugo colabora coa Fundación Expomar para impulsar o sector náutico pesqueiro da Mariña e a comercialización dos produtos do mar. Faino cunha achega de 10.000 euros para apoiar actividades promocionais do sector da pesca como esta cita ou Produart, agora adaptadas á situación sanitaria actual. O Deputado afirmou que este evento “xera novas oportunidades de negocio para o crecemento do sector pesqueiro e do turismo náutico, ambas actividades estratéxicas para o desenvolvemento económico da Mariña e da provincia de Lugo”.

Rivera Capón destacou que “a Deputación aposta pola pesca e a náutica, polos empresarios do mar e polos profesionais que traballan nel colaborando unha vez máis coa Fundación Expomar”. Así mesmo a Deputación mantén unha estreita colaboración coa Federación Provncial de Cofrarías de Pescadores de Lugo e realizou unha proposta formativa para redeiras.

Exit mobile version