Site icon Crónica3.com A Mariña

Artesanía, música e astronomía na Romaxe Artesá da Chaira de Muras, que contou co apoio da área de Artesanía e Deseño

Muras, 22 de maio, 2021. Efrén Castro achegouse ata a Romaxe Artesá da Chaira que se celebrou este sábado en Muras, cun formato adaptado ás circunstancias sanitarias.

O deputado visitou a mostra de artesanía instalada na área recreativa da Veiga con 17 postos de venda, ademais de demostracións en directo e
obradoiros, organizados coa colaboración da área de Artesanía e Deseño.

As persoas asistentes tamén puideron desfrutar de xogos tradicionais,
actuacións musicais, representacións teatrais e unha actividade de
iniciación á astronomía cunha observación nocturna do ceo no Viveiró.

Exit mobile version