A xuntanza tivo lugar ás 18:30 horas no salón de plenos, seguindo, loxicamente, todas as medidas de prevención fronte ao COVID-19.
O alcalde e a edil recordan que o Concello de Cervo estivo sempre en todo momento ao carón dos apicultores co obxectivo de tentar frear a expansión da velutina “de feito desde o ano 2017 entregamos con carácter periódico este líquido para que eles mesmos confeccionen as súas trampas; xa que, tal e como confirmaron é o que lles resulta eficiente para ir capturando as raíñas” a fin de tentar reducir a formación de niños neste tempo.
De feito, a pesar do Estado de Alarma –precisan- “na pasada primavera non quixemos esquecernos tampouco dos apicultores e buscamos a fórmula para poder facerlles chegar o líquido aos seus fogares”, que lles entregamos a través da Policía Local.
Villares sinalou que a nosa intención é seguir “traballando coordinadamente con eles para afrontar esta problemática, tal e como vimos facendo desde que temos constancia da presenza da velutina no noso municipio tentando minimizar o impacto desta especie invasora para protexer, na medida das nosas posibilidades, o seu traballo e o das súas abellas”.