Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza ó Mes das Letras en Barreiros co obradoiro “Cada día, a familia”

Barreiros, 10 de Maio de 2021. Na mañá do luns deron comezo as actividades enmarcadas dentro da programación cultural que Barreiros adica á celebración das Letras Galegas cun obradoiro a cargo da escritora Andrea Barreira. Nel participaron cerca dun cento de alumnos e alumnas dos colexios de San Cosme e San Miguel.

“A actividade deu a coñecer a figura de Xela Arias ás crianzas á vez que lles fixo descubrir unha forma divertida de facer poesía e na que acabaron creando a súa propia homenaxe á familia partindo da obra Darío a diario da autora sarriá”. sinala o concelleiro de dinamización, Daniel García.

A seguinte actividade será o vindeiro luns 17 de Maio co recital poético musical “Versos na baixamar” para o cal se pode reservar asistencia contactando coa Biblioteca Municipal (982 124 106) en horario de mañá.

Exit mobile version