Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúa a celebración das Letras Galegas en Cervo

Cervo, 18 de maio, 2021. A Biblioteca da Casa da Cultura ten a disposición da veciñanza, tanto para consulta como para préstamo, varias obras de Xela Arias, poeta homenaxeada polo Día das Letras Galegas, que foron adquiridas polo Concello de Cervo, con motivo desta efeméride.

Así o sábado, as Escolas Vellas de Cervo acolleron a representación da obra “O Peirao”, a cargo de Diáspora Teatro.

Onte luns, a Casa da Cultura foi o escenario de “Monstros no Camiño”, de Teatro dos Ghazafelhos, que contou cunha gran afluencia de público. E xa pola tarde foi o concerto do cantautor Manoele de Felisa, que fixo unha homenaxe á poesía galega.

Caxoto e a súa Trastenda de Contos porán o broche final á programación deseñada para estes días con “Xeliña fala galego”. Será o sábado 22 de maio, ás 12:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura.

Exit mobile version