Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel Vega traslada o apoio do Grupo Municipal Popular de Ribadeo á VIII ‘Quincena do Mar’

Ribadeeo, 7 de maio, 2021. Daniel Vega trasladou o apoio do Grupo Municipal Popular de Ribadeo á oitava edición das xornadas ‘Quincena do Mar’ durante o acto da súa presentación. Estas xornadas gastronómicas en torno aos produtos do mar están lideradas polos restaurantes do porto de Ribadeo La Solana, Mariñeiro, Náutico e San Miguel, “referentes gastronómicos da Mariña, do conxunto galego e do mapa español”, segundo engade o popular.

Vega explica que “a Xunta colabora economicamente con esta iniciativa” que “animará aos visitantes a achegarse a Ribadeo e a Galicia coincidindo coa apertura do peche perimetral da nosa comunidade autónoma”.

O voceiro do Grupo Municipal destaca que “Ribadeo ten moito: ten cultura, ten gastronomía, patrimonio natural e arquitectónico; pero, nestes momentos, temos que presumir da nosa restauración e darlles as grazas a todos eles polo seu esforzo nunhas circunstancias atípicas nas que compatibilizaron a súa actividade co cumprimento das medidas sanitarias de prevención da covid-19”.

Exit mobile version