Site icon Crónica3.com A Mariña

Día das Letras Galegas 2021 O Valadouro

O Valadouro, 14 de maio, 2021. A Real Academia acordou renderlle homenaxe a Xela Arias (Sarria, Lugo 4 de marzo de 1962 – Vigo, Pontevedra 2 de noviembre de 2003) “unha voz singular, transgresora e comprometida” como representante da xeración que renovou nos anos 80 a poesía galega e foi pioneira na tradución de clásicos.

Tal e como defende a Real Academia, a protagonista das Letras Galegas 2021 concibía a poesía como “unha forma de indagar e cuestionar a orde das cousas, de describir o que se aprende a ocultar”. “A procura do eu fonda e reflexiva; a afirmación do corpo feminino; a perspectiva de xénero e a busca de novos espazos para a poesía mediante a recitación ou o diálogo coa fotografía, a música e a pintura”, son trazos da súa voz como creadora. Arias anticipou no seu tempo temas e formas da poesía galega da seguinte década.

A Academia lembra tamén a “dimensión pública e comprometida da vida e obra” da autora. Participou en mobilizacións cívicas como a que se organizou en Galicia tras a catástrofe do Prestige, e sempre reivindicou a lingua galega, desde a literatura e desde a docencia, como filóloga e profesora en moitos institutos. Formou parte do equipo de Edicións Xerais, onde traballou de 1980 a 1996, e contribuíu a fixar a norma como correctora de estilo e editora, ademais de como tradutora de autores en varios idiomas.

Programación 17 de maio O Valadouro ás 19:00h.

Salón de Actos Casa da Cultura.

XELA ARIAS: Vida e Obra por Lionel Rexes.

Representación de Sentido Común con Tarabela Creativa integrado por Ángeles Goás, Dani Blanco e Carmen Conde.

A historia nace coa escritura e a partires de aí so escribe o que convén aos de arriba. A narración oral é a voz do pobo e conta as verdadeiras historias dos de abaixo. A historia está contada polos grandes pero as grandes historias están na xente común.

Este espectáculo quere recuperar, recontar e lembrar a toda esa pequena xente que fai grande o mundo, para que non se esqueza a súa memoria e para que todos lembremos que temos algo que contar.

Exit mobile version