Site icon Crónica3.com A Mariña

Este Día das Letras Galegas inaugurouse un cartaz no parque Rosalía de Castro de Burela con versos escollidos polo BNG

Burela, 17 de maioi, 2021. Para o BNG Rosalía de Castro debe ser referente global e de total acutalidade.

Este 17 de Maio, Día das Letras Galegas, no concello de Burela inaugúrase un cartaz no parque Rosalía de Castro, que conta dos seguintes versos escollidos polo grupo municipal do BNG.

“Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos. Eles son a lei que rexe o meu destino”.

Para os nacionalistas “a figura de Rosalía de Castro, o seu pensamento e as súas letras, non poden estar de maior actualidade. Non so dende un punto de vista poético ou artístico, senón a Rosalía feminista, social, reivindicativa e galega debe ser referente nun momento tan complicado no que moitos dos seus versos poñen luz nunha época que semella ven moi escura”.

Evidentemente, dende o BNG de Burela non van deixar de lado a figura homenaxeada; “do mesmo xeito ca Rosalía de Castro, Xela Arias supón tamén un referente e todos temos a obriga de promocionar a súa contribución á nosa lingua e á nosa cultura”

O 17 de Maio como inicio dun xiro cultural na vila

En moitas ocasións, este tipo de conmemoracións limítanse a actos e eventos durante a xornada que logo co paso das datas quedan no esquecemento. “Para nós, defender e promocionalo galego e a nosa cultura é unha tarefa dos 365 días do ano, non se limita so a un festivo. Deste xeito cremos que no noso concello este 17 de Maio ten que servir para dar un xiro na área cultural. É preciso unha política cultural centrada na nosa cultura e no traballo de base, onde os colectivos e asociacións que traballan todo o ano promocionando e divulgando a nosa cultura sexan o centro de atención”

Exit mobile version