Site icon Crónica3.com A Mariña

Malia boa situación epidemiolóxica, o Concello de Viveiro demanda prudencia e responsabilidade social para evitar novos contaxios

Viveiro, 14 de maio de 2021. O Concello de Viveiro quere lembrar aos seus veciños e veciñas de Viveiro que é fundamental seguir cumprindo as medidas e limitacións establecidas polas autoridades competentes. Neste momento, a situación epidemiolóxica de Viveiro é boa, pero é necesario incidir na prudencia e responsabilidade social para seguir evitando os contaxios e a propagación do virus.

Ás portas dunha fin de semana festiva, o concello considera necesario lembrar algunhas das medidas establecidas pola Xunta de Galicia na orde do 7 de maio de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica, tendo en conta a finalización da prórroga do estado de alarma establecida polo Real Decreto 956/2020, do 3 de novembro:
– Está limitada a permanencia de grupos de persoas a un máximo de catro en espazos pechados, e de seis en espazos abertos ou ao aire libre, sexan de uso público ou privado, agás que se trate de conviventes. No caso de agrupacións en que se inclúan tanto persoas conviventes como persoas non conviventes, o número máximo destas será de catro ou seis persoas en función de se se reúnen en espazos pechados ou abertos.
– Entre as 1:00 e 6:00 horas, a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como abertos ou ao aire libre, e en espazos de uso privado está limitada aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.
– Das limitacións anteriores exceptúanse determinados supostos e situacións, como no caso de persoas que vivan soas, que poderán formar parte dunha única unidade de convivencia ampliada, ou a reunión de persoas menores de idade cos seus proxenitores, no caso de que estes non convivan no mesmo domicilio, entre outros.
– Non hai toque de toque, pero hai que lembrar que entre as 1:00 e 6:00 horas a permanencia de grupos de persoas en espazos públicos está limitada aos constituídos por persoas conviventes.
– Con respecto á hostalería e restauración, os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio, de entrega a domicilio, de terraza co 75 % da capacidade máxima permitida e tamén servizo no interior cunha ocupación do 50%. Non se poderá prestar servizo na barra..
– O horario de peche ao público será ás 23:00 horas e os establecementos que teñan título municipal habilitante de restaurante disporán da opción de ampliar o seu horario ata as 1:00 horas exclusivamente para o servizo de ceas, cumprindo os requisitos establecidos e non podendo admitir novos clientes a partir das 00.00 horas.
– Os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio ou ben servizo de entrega a domicilio ata as 1.00 horas.

Exit mobile version