Site icon Crónica3.com A Mariña

O alumnado do Sagrado Corazón, Gregorio Sanz e Dionisio Gamallo de Ribadeo, participaron nun proxecto intercentros en varios puntos da vila

Ribadeo, 29 de maio, 2021. Este venres o alumnado do Sagrado Corazón, Gregorio Sanz e Dionisio Gamallo de Ribadeo realizaron un proxecto intercentros educativo en diferentes zonas emblemáticas do concello>: Bailaron a muiñeira global, muiñeira de fusión promovida polo Gadis fai uns anos, no Cargadoiro, Porto deportivo, Cantón e Quiosco da música. Participaron o Colexio Sagrado Corazón, O gregorio Sanz e o Dionisio Gamallo de Ribadeo, coa coordinación e organización a cargo de María Ron, profesora do Dionisio Gamallo

“Pretendimos pechar o Mes das nosa letras facendo unha actividade consistente en bailar nas diferentes zonas do Concello un baile que forma parte da nosa identidade, aínda que fusionado con outro estilos musicais e no que participen os diferentes rapaces que, mor da pandemia, levan tanto tempo alexados…É establecer un nexo de unión a través da nosa música e mostrando, ao mesmo tempo as zonas tan bonitas que ten o concello. No acto leu un manifesto en Defensa da Lingua a nosa concelleira e rematou cunha foliada na que os nenos poideron escoitar a nosa música tradicional grazas ao cuarteto tradicional que os amenizou. A idea imicial era non soamente encher as nosas rúas de alumnado unidos polo mesmo interese: a nosa música, senón tamén que se puidesen mesturar nesa Foliada final e bailar ou cantar todos xuntos pero, como aínda non estamos libres desta pandemia, soamente puideron facelo un grupo representativo de cada centro, cada un nun espazo diferente e a diferentes horas.

Este acto non se podería facer se non fose pola financiación municipal (que ten unha gran sensibilidade cultural e sempre se mostra disposto a colaborar), polo patrocinio da nosa empresa galega: Gadis (que tomou a iniciativa de elaborar unha coreografía para este baile hai uns anos) e que doou as camisetas “Vivamos como galegos” e máscaras, así como tamén grazas ao patrocinio dunha empresa local adicada ao arte galego contemporáneo de gran cor e forza, como é Terra Branca, que precisamente ten un perfume exclusivo do mesmo nome : “Muiñeira”.

Agradecer tamén aos centros educativos cos seus profesores que mostraron o seu interese, aos rapaces e rapazas, os grandes protagonistas que ata o momento estiveron moi ilusionados co proxecto e a actividade.

Exit mobile version