Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro alerta de subvencións a asociacións descoñecidas

Viveiro, 29 de maio, 2021. A piques de cumplirse un mes do voto en contra do PSOE de María Loureiro á moción do BNG feita en conxunto con diferentes asociacións deportivas para un reparto de subvencións máis xusto, equitativo, transparente e democrático, seguen se coñecerse os criterios que o equipo de goberno emprega para conceder as subvencións nominativas a entidades sen ánimo de lucro do concello, que descoñecen até as propias entidades que as perciben.

Polo que dende o BNG volveremos levar ao vindeiro pleno esta irregularidade democrática, demandado do equipo de goberno que faga públicos ditos criterios para coñecemento de toda a veciñanza, sendo unha necesidade este reparto de fondos públicos en base a criterios de obxectividade, concorrencia e publicidade que garantan a transparencia das actuacións administrativas, xa que o actual sistema, discrepcional, está a dificultar e moito o desenvolvemento das actividades das asociacións, entidades e clubes. Primeiro, porque as cantidades concedidas en base a criterios subxectivos, non son suficientes para desenvolver cun mínimo de decencia a súa actividade; e segundo, porque non lles permite deseñar a súa actividade cun mínimo de previsión, polo que reclamdoan a adxudicación de fondos a dous anos vista.

Exit mobile version