Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG presenta mocións en todos os concellos da Mariña en contra das peaxes nas autovías de titularidade estatal

A Mariña, sábado 15 de maio de 2021. O anuncio do goberno do Estado de implantar peaxes en todas as autovías públicas xerou inquietude e preocupación en todo o país polos efectos sumamente negativos que esta medida pode xerar a nivel económico e social. O Bng, consciente dos perxuizos que pode xerar nas empresas e nos traballadores e traballadoras, manifestou a a súa oposición a esta decisión do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana que xa trasladara a Bruxelas o anuncio desta medida que por outra banda hai que decir que é tamén unha medida deseñada no seu día polo Partido Popular. Neste sentido o Bng está a levar iniciativas a todas as institucións, desde o Parlamento ata o Congreso, e tamén nos concellos para instar ao Goberno a paralizar o que sería un repago e un cobro abusivo polo uso dunhas infraestruturas que xa pagamos todos, tanto a súa construcción coma o seu mantemento, a través dos impostos.

“Sempre será unha medida moi lesiva para as persoas con menos recursos, os ricos sempre poderán pagar as peaxes e son os traballadores e traballadoras as que se verán excluídas de empregar estas vías de alta capacidade polas dificultades de asumir o seu custo” manifestou Néstor Rego.

A Mariña, perxudicada unha vez mais
Unha vez mais o Estado, independentemente que gobernen en Madrid PP ou Psoe, adopta medidas que perxudican a este país en materia de infraestruturas, e especialmente na Mariña, donde levamos 20 anos de retraso nese aspecto, sobre o que fixeron fincapé tamén o deputado no Parlamento Daniel Castro e a responsable comarcal Ana Ermida, que sinalaron como esperpéntico que o Estado teña previsto cobrar incluso por autovías que ainda non executou, como é o caso da autovía A-74 Barreiros-San Cibrao, ou sobre a A-8 cando ainda non solucionaron o problema do fiouco nin contemplaron unha alternativa para mellorar a N-634 desde Mondoñedo á Xesta.

Esta semana o Bng presentará mocións en todos os concellos da Mariña para que os plenos se pronuncien ao respecto opoñendose a esta medida do Ministerio.

Exit mobile version