Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP apoia aos traballadores de Alcoa na concentración de Xove

Xove, 30 de maio de 2021. Distintos representantes do Partido Popular, entre eles a presidenta provincial, Elena Candia, acompañaron aos traballadores de Alcoa na concentración desenvolvida no municipio de Xove. Deste xeito, os populares respaldaron, unha vez máis, aos empregado da factoría de San Cibrao, esixindo a intermediación do ministerio de Transición Ecolóxica que dirixe a socialista, Teresa Ribera. Os populares non aceptan “que sigamos sen unha solución, polo que tamén é preciso que cumpra a SEPI”, insisten.

Dende o PP lamentan que o Estado, a través de dita empresa pública, e a propia multinacional non culminasen o proceso de negociación da venta. “Hai compradores que seguen estando interesados, polo que non entendemos como estamos neste bucle que non leva a ningures. O que precisan estes traballadores é unha solución e esta debe de producirse no menor tempo posible. A indefensión é total e a desolación na Mariña non pode ser máis notable. A repercusión deste calexón sen saída é brutal”, manifesta o rexedor de Xove, Demetrio Salgueiro.

Os populares, tal e como engadiu o alcalde Cervo, Alfonso Villares, urxen así unha solución inmediata para por fin “ao desamparo” de todas as familias que se están a ver afectadas polo ERE que segue o seu curso no Tribunal Supremo logo de ser rexeitados polo TSXG e recurrido por Alcoa.

Os populares amosaron así o seu apoio tanto aos empregados como a unha comarca na que se está decidindo o futuro da principal fábrica que ten a provincia. Tal é así que Elena Candia apunta que “seguimos e seguiremos ata o final”. A este respecto, pediu a implicación do PSOE da provincia e da Mariña porque, dixo, “é o momento de cumprir.

Exit mobile version