Rodríguez di que “o Concello gasta os cartos dos veciños en chapuzas sobre chapuzas; a zona de Verxeles, que estaba en estado pésimo, sufriu una intervención que a deixou peor do que estaba”. Rodríguez lembra que o PP levou en varias ocasións ao pleno municipal os problemas que xera o mal estado do firme do aparcadoiro situado fronte as edificacións da zona de Verxeles. “Pola presión política e veciñal, dende o Concello decidiron intervir, co conseguinte gasto, para deixalo peor do que estaba. Que lamentable xestión!”
Os populares din que á alcaldesa acabóuselle o tempo das desculpas para pavimentar debidamente este importante espazo de aparcamento en Viveiro. Chega o verán, segundo sinala Rodríguez, e o problema segue sen resolver, por non dicir que agravado. O portavoz popular declara: “Se a alcaldesa ten que facer xestións con outros organismos, que as faga; se ten que investigar de quen é ese terreo, que o investigue; se ten que tomar decisións, que as tome, que para iso asumiu o cargo. Pero isto non pode seguir así, e máis ás portas do verán”. Engade: “Os populares esiximos ao goberno municipal que faga o que ten que facer para solucionar o problema e que deixe de tirar os cartos de todos os veciños de Viveiro. Ten que escoitar o que din os veciños e o fartos que están de soportar este problema”.