Site icon Crónica3.com A Mariña

O vindeiro venres, 4 de xuño, seguirá a programación das festas de Burela. Será cun concerto do grupo de rock da Escola Municipal de Música ás 20 horas na praza da Mariña

A música tamén foi protagonista na xornada deste domingo, na praza do Concello onde actuaron a Banda de Música de Foz e a Banda de Gaitas de Dambara. Moitas foron as persoas que, sentadas e seguindo todos os protocolos covid, puideron disfrutar desta cita. O programa das patronais 2021, nun formato adaptado á situación sanitaria actual, arrincaron o sábado co pregón pronunciado por Basilio Otero, presidente da confraría de pescadores de Burela e da federación nacional de confrarías e co concerto de Nostálgica.

Exit mobile version