Site icon Crónica3.com A Mariña

Proceso de selección dun/dunha logopeda para a unidade de atención temperá do Concello de Burela

Burela, 26 de maio de 2021. O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publica hoxe a convocatoria e as bases reguladoras do proceso de selección dun/dunha logopeda que estará adscrit@ á Unidade de Atención Temperá como funcionar@ interin@.

A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, explicou que “o Concello de Burela vén de aprobar o programa de carácter temporal de prestación do servizo de logopedia na Unidade de Atención Temperá do Concello de Burela. As bases que rexen a selección e as condicións da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios da Casa do Concello ou na web municipal”.

A edil burelesa engadiu que “o programa de carácter temporal de prestación do servizo de logopedia terá unha duración máxima de 3 anos ampliables ata 12 meses máis se o xustificase a duración do correspondente programa”.

Os profesionais interesados en optar a esta convocatoria dispoñen de 8 días hábiles, contados a partires de mañá, xoves, para presentar toda a documentación esixida.

Exit mobile version