Site icon Crónica3.com A Mariña

Teatro e entrega de premios para celebrar o Día das Letras en Alfoz

Alfoz, 13 de maio, 2021. O vindeiro sábado 15 de maio, dentro das actividades para celebrar o Día das Letras Galegas temos no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz:

Ás 19.30h “A pluma viva de Rosalía” dos Quinquilláns, teatro para todos os públicos subvencionado pola Área de Cultura da Deputación Provincial dentro das propostas para por en valor a Rosalía de Castro. A entrada é libre e o aforo limitado.
As 20.30h Entrega de premios do Certame de narración e debuxo Letras Galegas 2021, na súa fase local da Biblioteca Pública de Alfoz, con grande éxito de participación nesta edición o cal agradecemos a todos e todas as participantes aos cales se lles entregará un diploma, e aos centros educativos pola súa implicación.
Os premiados, que agora competirán na fase provincial son:

DEBUXO:

Categoría A (ata 8 anos):

1º premio: Uxía Vivero Santín
2º premio: Matías Martínez Vizoso
3º premio: Carla López Canedo

Categoría B (de 9 a 11 anos):

1º premio: Efrén Rodríguez Blanco
2º premio: Hugo Carreiras Acevo
3º premio: Roi Maseda Mirón

Categoría C (de 12 a 16 anos):

1º premio: Inés Martínez García
2º premio: Lucía Candia Paz
3º premio: Olalla Rodríguez Fraga

NARRATIVA:

Categoría A (ata 8 anos):

1º premio: Francisco Fernández Dorado con “Contacontos”
2º premio: Miriam Dos Santos García con ” A granxa”
3º premio: Mateo Pardiñas Hermida con ” O mundo máxico de Xela”

Categoría C (de 12 a 16 anos)

1º premio: Lidia Expósito Goás con “Eu tamén podo”

Exit mobile version