Site icon Crónica3.com A Mariña

5ª edición do programa ‘Coidando de min’ da Asocicación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña

Burela, 3 de xuño, 2021. Un ano máis a Asocicación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña pode dar continuidade ao programa, dirixido a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, Coidando de Min V. Este programa está subvencionado pola Secreatría Xeral da Igualdade e polo programa operativo FSE 2014-2020 e busca promover a igualdade, a saúde e iclusión social.

Coa realización deste programa pretendemos conseguir que as mulleres participantes continúen mellorando e afianzando a seguridade en sí mesmas, no coñecemento da enfermidade mental que padecen, melloren e/ou manteñan a súa integración na comunidade, adquiran ou melloren estratexias que lles permitan afrontar situacións adversas, manteñan e/ou aumenten a súa rede social de apoio e prestarlles apoio naquelas situacións que o precisen.

Exit mobile version