Site icon Crónica3.com A Mariña

A alcaldesa, María Loureiro, xunto ao concelleiro de Educación, Emilio Villarmea, visitana a Escola de Educación Infantil San Roque, premio Voz Natura

Viveiro, 18 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro informa da visita da alcaldesa, María Loureiro, xunto ao concelleiro de Educación, Emilio Villarmea Méndez, á Escola de Educación Infantil San Roque. A presenza de ambos na escola foi con motivo de felicitar ao alumnado e profesorado do centro tras lograr o premio Voz Natura 2020-2021 a “Mellor Proxecto Infantil”.

Durante a visita á escola, a alcaldesa e o concelleiro agasallaron ao centro cun lote de libros. Ademais, aproveitaron para coñecer de primeira man as accións medioambientais levadas a cabo pola EEI San Roque e as súas inquedanzas sobre a ecoloxía, compartidas polo Concello de Viveiro na súa busca dun municipio sostible.

“É realmente admirable o traballo da EEI San Roque, cuxos docentes, a pesar das dificultades da pandemia, non descoidaron que o alumnado aprendese a importancia do medio ambiente dende idades moi temperás”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

Voz Natura é o programa de educación medioambiental de La Voz de Galicia, no que participan centros escolares de toda a comunidade autónoma. Concretamente, o proxecto da EEI San Roque, baixo o nome “Reciclando faise camiño”, abarcou diferentes eidos, entre eles a alimentación, a través do seu propio horto, e o Camiño do Mar, en cuxa oficialización traballa o Concello de Viveiro.

Exit mobile version