Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación cumpre coa reivindicación histórica de renovar o espazo de traballo dos sindicatos

Lugo, 2 de xuño de 2021. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, acompañada do Xefe de Recurso Humanos, Manuel Mel, e representantes dos sindicatos, visitou as renovadas instalacións do Local Sindical da Deputación de Lugo, na Praza de Santo Domingo. A institución cumpre así cunha reivindicación histórica dos representantes dos traballadores para facilitar o seu traballo e mellorar a atención ao persoal.

A Deputación adaptou este local para crear catro novos espazos, que permitirán ás organización sindicais con representación na institución ter un espazo propio de traballo. Estas novas divisións contarán con mobiliario e equipamento informático cando o grupo o solicite.

“Esta mellora forma parte dun compromiso deste Goberno cos representantes dos traballadores para habilitar un espazo propio para cada sindicato nos locais da praza de Santo Domingo. Estas catro oficinas permitirán unha mellor atención aos traballadores e traballadoras da Deputación de Lugo”, afirmou García Porto. Estas instalacións súmanse á sala de Xunta de Persoal e á de Comité de Empresa, que xa estaban dispoñibles no espazo sindical da administración provincial.

Exit mobile version