Site icon Crónica3.com A Mariña

A estrada provincial de Castro de Rei a Campo do Oso quedará cortada por obras de mellora a partir do luns

Lugo, 12 de xuño de 2021. A Deputación de Lugo comeza esta luns os traballos de mellora da estrada provincial LU-P-1106 na Pastoriza cun investimento de preto de 170.000€, no treito que conecta Castro de Rei con Campo do Oso pasando por Reigosa. A vía estará cortada ao longo de dous meses para poder realizar estas obras. A institución provincial instalará previamente sinalización informativa e habilitará desvíos, co obxectivo de que o corte afecte o mínimo posible aos usuarios e usuarias desta vía.

As obras afectarán a uns 4 quilómetros da estrada, entre os puntos quilométricos 16,9 e 20,4. Consistirán na reapertura de cunetas, na pavimentación de aglomerado en quente e na sinalización horizontal.

A institución provincial subliña a importancia destas obras, pois esta vía soporta un elevado volume de tráfico debido aos traballos que realiza unha canteira situada no núcleo de Xemil, xustamente por onde transcorre a estrada. Así mesmo, a LU-P-1106, que vai dende o cruce de Bretoña ata Campo do Oso, é moi utilizada como saída cara Mondoñedo.

Exit mobile version