Site icon Crónica3.com A Mariña

Concentración este martes en Burela polo desmantelamento da quenda de tarde de atención primaria

A Mariña 26 de xuño de 2021. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña convoca una concentración diante do Centro de Saúde de Burela o vindeiro martes 29 de xuño ás 12 horas en protesta polo desmantelamento do servizo de atención en quenda de tarde.

A quenda de tarde no Centro de Saúde de Burela é un servizo de recente creación, pois Burela era o único concello da Mariña duns dez mil ou máis habitantes que carecía del. A quenda de tarde en Atención Primaria responde á necesidade que existe nas grandes vilas e ciudades de adaptar os servizos sanitarios ás quendas de traballo da poboación, sendo moi ben aceptadas polas veciñas e vecinos alí onde se implantaron.

Desde a súa creación foi aumentando o número de usuarixs que escolleron este equipo asistencial, chegando ás trescentas cartillas, o que significa un bó número de persoas para un servizo incipiente.

Actualmente as citas para consultas en quenda de tarde están bloqueadas.

O abandono do servizo por parte do Sergas comezou hai uns meses cando pasaron ao facultativo á quenda de mañá para a cobertura dunha baixa e relegaron a atención en tardes a dous día. Desde hai quince días quedaron suspendidas as consultas nas tardes e bloqueadas as citacións, sen dar explicacións ás persoas usuarias.

Desde este colectivo sanitario animamos aos vecinos e veciñas a que acudan á concentración, pois só a mobilización e a presión social poden conseguir que o goberno da Xunta recúe nas súas pretensións de desmantelar á xa maltreita atención primaria. Á eliminación da asistencia en quenda de tarde, súmase a negativa de contratar persal sanitario de desplazados nunha comarca que triplica a poboación nos meses de verán e á non substitución das vacacións do persoal nen outros permisos, polo que o “pilar básico da atención sanitaria queda nunha situación de caos, que coma sempre afectará negativamente a veciños e veciñas. Non descartamos extender as concentracións a outras localidades da comarca”- conclúe a coordinadora da Plataforma, Montse Porteiro.

Exit mobile version