Site icon Crónica3.com A Mariña

A Tradescola organizou 2 novos concertos didácticos de música tradicional para escolares de Reinante

Lugo, 2 de xuño, 2021. A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, achegouse ata o concello de Barreiros, concretamente ao CEIP San Miguel de Reinante para impartir unhas novas xornadas de música tradicional para escolares. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

En San Miguel de Reinante ralizáronse dous concertos, que estiveron impartidos polos mestres da Tradescola, Roberto Rodríguez, Miguel Anxo López. Alberto Núñez e Bruno Villamor:

Os concertos didácticos realizaranse no exterior e cumprindo todas as medidas fronte á Covid 19.

Dende a Tradescola trabállase a reo para poder transmitir os coñecementos das nosas tradicións da mellor maneira posible ás novas xeracións, para que saiban conservalos, respectalos e poñelos en valor.

Exit mobile version