Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta inviste máis de 13.500 € para a mellora da eficiencia enerxética do auditorio municipal de Ribadeo

Ribadeo, a 29 de xuño de 2021. O voceiro do Grupo Municipal Popular, Daniel Vega, destaca unha nova inversión por parte da Xunta para Ribadeo. Trátase de “máis de 13.500 euros, que supoñen o 75% do orzamento para a mellora da eficiencia enerxética do auditorio municipal”.

O popular explica que “este importante apoio da Xunta contribuirá a acometer as obras de impermeabilización da súa cuberta” co obxectivo de “resolver un problema de goteiras que causan humidades tanto no salón principal coma nas distintas salas do auditorio Hernán Naval”.

Vega critica o abandono ao que ten sometido o goberno local do BNG o edificio: “non é de recibo que o goberno local teña o auditorio de titularidade municipal nesas condicións”.

Ante este problema, “a Xunta quixo ser parte da solución e achega máis de 13.500 euros que son fundamentais para evitar estas humidades e garantir que o auditorio estea nunhas condicións óptimas”, destaca o voceiro do Grupo Municipal Popular.

Exit mobile version