Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfredo Llano reúnese este martes martes coa nova directiva da Acia

Burela, 28 de xuño de 2021. O alcalde, Alfredo Llano, manterá un encontro mañá, martes, coa nova directiva de Acia Burela. A xuntanza está prevista para 20:00 horas.

O rexedor burelés comentou que “mañá, martes, imos ter a primeira reunión coa nova directiva da Acia, a asociación de empresarios e autónomos de Burela. Pensamos que pode ser unha época frutífera e interesante no aspecto de que hai moito que facer”.

Alfredo Llano subliñou que “agora mesmo estase recuperando lentamente a actividade económica, social, deportiva e un pouco todo. Sobre todo o ámbito turístico, polo tanto imos procurar entre todos fortalecer o vínculo e, desde logo, potenciar Burela en todos os aspectos”.

E engadiu: “xa digo que é a primeira reunión, mañá, ás oito da tarde, con toda a intención clara de poder colaborar e formar parte de algo que realmente sexa significativo para Burela”.

Exit mobile version