Site icon Crónica3.com A Mariña

Carme Aira, BNG: “precísase aplicar medidas para que a gandeira ou gandeiro reciba un prezo xusto”

Vilalba, 30 de xuño de 2021. A deputada por Lugo no Parlamento galego, Carme Aira estivo en Vilalba visitando unha explotación vacún de carne en ecolóxico para comprobar a falta de iniciativa da Xunta de Galiza e o CRAEGA para a consolidación deste modelo de produción. A deputada estivo acompañada pola responsábel local da organización, Pilar Prieto.

Carme Aira sinalou que as produtoras e produtores que apostan por modelos sostibles e respetuosos co medio están a sofrer a falta de iniciativa por parte da Xunta de Galiza e o CRAEGA para poder continuar con este modelo produtivo “é inexplicábel como desde a Xunta de Galiza non se aplican ferramentas para garantir e perpeturar este modelo, por isto, desde o BNG presentaremos iniciativas para impulsar este modelo produtivo, o cal xera valor e riqueza no territorio”

Neste senso, o sector da carne en ecolóxico está a sofrer tamén unha baixada de prezos o cal non se reflicte no mercado ao público. Carme Aira fixo fincapé en que “precísase aplicar medidas para que a gandeira ou gandeiro reciba un prezo xusto ao que tamén beneficie ao consumidor, punto que destacaremos no Parlamento galego para garantir un prezo xusto” declarou.

Desde o BNG destacan o valor das mozas e mozos que apostan polo noso rural e a súa potencialidade, no que os proxectos en extensivo e ecolóxico son un modelo que garante a sostibilidade e o asentamento no territorio, e así, garantir un rural vivo e con futuro.

Exit mobile version