Castiñeira sinala: “Entendemos que é unha reunión para intentar arranxar os múltiples problemas do Partido Socialista, pero para iso debería ter unha sede e usala e non a sede da institución de todos os lucenses. Como saberá o señor Caballero, os lucenses xa lle dixemos que non, e por iso é a terceira forza política nesta provincia. Se o señor Caballero quere visitar Lugo o mellor é que visite a sede do Partido Socialista; se quere resolver os problemas do Partido Socialista, os múltiples problemas que ten na provincia de Lugo por falta de liderado e de moi mala imaxe, con moi malos datos nas enquisas, lle pedimos que o faga na sede do PSOE”.
No PP din que Caballero intenta enganar aos lucenses con falsas visitas institucionais, “porque ao que vén o señor Caballero é a intentar ordenar o seu partido na provincia; esta non son formas”.
Castiñeira declara: “A Deputación de Lugo é moi importante como institución e non imos permitir que se mesturen os problemas do Partido Socialista cos da Deputación; é certo que os problemas do PSOE afectan á Deputación e a un mal goberno, que é incapaz de solucionar os problemas de Lugo, como vemos en asuntos como as residencias ou a reactivación económica. Non queremos que se mesturen os problema do Partido Socialista cos propios de todos os lucenses”.