Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo será o escenario da III regata da Copa Deputación de piragüismo

Cervo, 29 de xuño de 2021. O Encoro de Río Cobo acollerá o sábado, 10 de xullo, a III regata da Copa Deputación de Piragüismo, organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.

O edil de Deportes, David Rodríguez, o responsable da sección de piragüismo e adestrador, Iván González, o adestrador e vocal da entidade, Sergio Álvarez, e a vocal, Raquel Rodríguez, presentaron a proba, en compañía dunha ampla representación dos/das nenos/as nenas integrantes do club, no propio escenario onde se desenvolverá a proba, que arrincará ás 15:00 horas; e na que competirán en representación da Mariña, e ademais da entidade anfitrioa, o Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, o Kayak de Foz e o club de piragüismo Viveiro Urban; ademais do Club de Piragüismo Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo.

O edil desexoulle moita sorte a todos os deportistas, que competirán nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, nas modalidades K1 e C1; e especialmente aos representantes do Club Local que participará con 38 palistas; e animou a todos os visitantes a que gocen da competición e da contorna excepcional na que se desenvolve.

Exit mobile version