Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla en Viveiro sobre as diferentes opcións formativas tras o bacharelato e a ESO

Viveiro, 17 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro, a través da Concellería de Educación, organiza una xornada informativa de orientación universitaria e profesional o vindeiro martes 22 de xuño. A charla diríxese a mozos e mozas remataron bacharelato/ESO e queren iniciar estudos universitarios, de FP, ensinanzas artísticas ou outro tipo de formación posterior. A intención da xornada é orientalos na toma de decisións académicas e profesionais.

Nesta xornada informativa, terá lugar o martes 22 de xuño, ás 12:00 horas, no salón de actos do Concello de Viveiro, falarase de preinscrición e matrícula, prazos, requisitos de acceso ás distintas titulacións, residencias públicas, bolsas de estudos e demais cuestións de interese para a mocidade.

Todas as persoas interesadas en asistir a esta charla, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Viveiro, deben inscribirse enviando un correo electrónico a informacion.xuvenil@viveiro.es ou chamando ao teléfono 982560128.

Exit mobile version