Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla informativa ‘Muller e Saúde’, este venres no CENIMA de Foz

Foz, 10 de xuño, 2021. Autocuidados, prevención da saúde, boas prácticas, consecuencias da violencia de xénero na saúde das mulleres, alimentación… Estas son algunhas das cuestións que se abordarán na xornada informativa organizada por Mujeres en Igualdad Provincial de Lugo-BUMEI e o Concello de Foz no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. O lema: Foz móvese pola igualdade.

Inaugurará a xornada Ana Matea Rojo Eijo, Concelleira de Muller, Igualdade e Inmigración do Concello de Foz, e a continuación escoitaremos a Cristina Isabel García Pena y Ana Aboy Carballo, profesionais do ámbito sanitario.

María del Mar Fraga Fernández, Presidenta de Mujeres en Igualdad Provincial de Lugo-BUMEI, será a encargada da clausura.

Mujeres en Igualdad Provincial de Lugo-BUMEI e o Concello de Foz organizan esta actividade enmarcada no Pacto de Estado contra la Violencia de Xénero. O encontro terá lugar ás 19:00, previa inscripción en bumeiburela@gmail.com ou no teléfono 609 83 76 45

Exit mobile version