Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezaron as escolas deportivas de verán de Ribadeo cun cento de nenxs

Ribadeo, 25 de xuño de 2021. As escolas deportivas de verán do Concello de Ribadeo deron comezo esta semana co surf. Un cento de nenos e nenas asistirán durante as vindeiras semanas a vela, pesca deportiva, piragüismo e surf. O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, fai un balance positivo da acollida que están a ter estas actividades.

O edil dixo que “as escolas deportivas de verán xa deron comezo esta semana, concretamente o día 22 empezamos con surf. Están todas as prazas cubertas excepto en pesca deportiva que aínda quedan algunhas e ata o día 4 de xullo están a tempo para anotarse”.

Díaz Freije sinalou que “son arredor de case cen prazas as que sacamos tanto para pesca deportiva como surf, piragüismo e vela, que son as modalidades que este ano están nas escolas de verán. Marcha todo ben e os nenos e nenas están moi animados, vexo que con ganas, dentro deste proceso que estamos a vivir coa pandemia. Desexo que desfruten e quero animalos a que aproveiten e o pasen moi ben”.

Exit mobile version