Site icon Crónica3.com A Mariña

Encontro literario entre Marta Sanz e Pedro Feijoo, este xoves na Casa da Cultura de Foz

Foz, 30 de xuño, 2021 . Este xoves día 1 de xullo ás oito e media da tarde, celebrarase un Encontro literario entre Marta Sanz e Pedro Feijoo na Casa da Cultura de Foz, moderado por María Linheira e organizado pola Librería Bahía con financiación da Dirección Xeral do Libro a través do programa Afinidades Electivas.

Marta Sanz é unha das máis interesantes e recoñecidas escritoras en español da actualidade. Cunha extensa obra publicada, recibeu os premios literarios máis prestixiosos. Escritora fondamente comprometida e tremendamente lúcida, a súa é unha prosa afiada e sen concesións que nos move e nos remove tanto no emocional coma no intelectual.

Pedro Feijoo é un dos escritores máis exitosos do panorama literario galego. Aínda que ten algunha obra doutros xéneros, a novela negra é a que lle reporta máis seguidores. Mestre na armadura da intriga, aproveita as tramas para achegarnos a nosa historia recente e iluminar o presente.

María Linheira é filóloga, foi profesora en varias universidades do Reino Unido e Irlanda, e editora -entre outras- da obra xornalística de Alvaro Cunqueiro.

Espéranos, pois, un encontro de alto nivel que ninguén que ame a literatura debe perderse.

E necesario instribirse con antelación na Librería Bahía.

Exit mobile version