Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado tivo lugar nas instalacións de Apaga, en Ribadeo, o acto de difusión do proxecto europero Un paso adelante

Ribadeo, 20 de xuño, 2021. Atrás quedan tres anos de traballo durante os que foron elaboradas varias unidades didácticas, que xa se atopan colgadas na páxina web da asociación, en www.apaga.es. Estas xiran, sobre todo, arredor do combustible, do vehículo eléctrico e da condución autónoma, unha serie de novas tecnoloxías que están hoxe en día entrando no sector dos automóbiles.

O proxecto Erasmus+ Un paso adelante foi coordinado por unha asociación de Eslovaquia e no mesmo participaron Apaga e centros educativos de Finlandia, Chequia e Eslovaquia.

Desde Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia) agradecen a asistencia a todas as persoas que na xornada de onte os acompañaron neste acto de presentación, que rematou cunha degustación de produtos da terra.

Exit mobile version