Site icon Crónica3.com A Mariña

Excelente participación do Iadovi no Campeonato Galego de tiro de arco en campo

Cervo, 21 de xuño, 2021. O arqueiro do Iadovi, Santiago González Villares, está imparable. Este sábado celebrouse o Campionato Galego de Tiro ao Campo, ó que asistiu situándose na primeira posición da serie clasificatoria, batendo tamén a súa marca persoal por catro puntos (286 puntos acadados no pasdo mes de marzo na primeira liga RFETA en Villacastin-Segovia); Despois dunhas eliminatorias moi axustadas, conseguiu gañar ós seus adversarios polo que sería proclamado unha vez máis campión galego, tal e como sucedía o pasado mes de maio no campionato de bosque 3D; todo en modo de arco espido.

Por outra banda, o seu compañeiro Sergio López debutaba neste formato na modalidade de arco recurvo. Obtivo 231 puntos, situándose na 6ª posición despois da serie clasificatoria (24 dianas). Xa na fase de eliminatorias, batería comodamente a David Moreno (do Club Lumelar de Ourense) por unha diferenza de 7 puntos, na segunda rolda disputada sería eliminado só por unha diferenza de 2 puntos por Juan Ramón González Vázquez tamén do Club Lumelar; un vello coñecido de Sergio en competicións de precisión. O arqueiro mariñán despois da eliminación, acabaría no quinto posto.

Exit mobile version