Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis dun milleiro de persoas ao carón da hostalería de Viveiro

Este martes a asociación de hostaleiros viveirense convocou unha manifestación para reclamar poder traballar e deixar de ser os cabezas de turco da pandemia. Recibiron o apoio de moitos veciños, hostaleiros da Mariña e do resto da provincia, mesmo dos traballadores de Alcoa. Esta cita provocou tamén que o pleno municipal que se tería que celebrar á mesma hora, quedase adiado por decisión unánime da corporación. A hostalería é un sector fundamental na economía da cidade e así quedou de manifeso nas súas rúas.

Exit mobile version