Site icon Crónica3.com A Mariña

Novo Shopping Weekend no Centro Comercial Histórico de Viveiro

Viveiro, 3 de xuño, 2021. O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na sua cidade. Pon en marcha este venres 4 e o sábado 5 de xuño a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.

Unha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 47 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, agasallos, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, librerías e papelerías, estancos, perruquerías etc.

Os locais participantes son:
– Óptica Rosario
– Deportes Don Balón
– Confecciones Justo Vázquez
– Baühaüs
– Muebles Iglesias
– Irimia Paquetería
– Platax
– Baamonde Style – BMD
– Complementos Sulian
– Calzados Vogue
– Madrás
– Esprit
– La Óptica Viveiro
– Lencería Canela
– Van Surf Sneakers
– Peluquería Richard XFavor
– Van Surf Shop
– Carnicería Mariño
– África Copias
– Paquetería Mónica
– Jonathans
– Tejidos Rogelio
– Óptica Casariego
– Joyería Paleo
– Rockids
– Raquel Seijido
– Tacones
– Versus
– Nacar
– Estanco Casanova
– Podium Sport
– Moviltom
– Calzados Albo
– Kandela Iluminación
– Albo Zapaterías
– Cerámica Regal
– Albo 55 Sneakers
– Mimimó
– Piti Deportes
– Oxígeno Surf
– Miss-tic
– Fontana
– Kerale Moda
– Kalea Platería
– Oscar Rodríguez Joyeros
– Cocolatte
– Tienducho OP

Estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos da mesma cor pegados nos escaparates. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos.

Tratase de ofrecer ó cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.

É moi importante lembrar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas destes dous días.

Exit mobile version