Eijo explicou que “a Delegación de Medio Ambiente oferta un ano máis as actividades de verán, durante os meses de xullo e agosto, para as nenas e os nenos de infantil e de primaria co obxectivo de axudar ás familias a conciliar a vida laboral e familiar durante a época estival”.
A edil de Medio Ambiente dixo que “as actividades da Ocioteca de Verán 2021 levaranse a cabo no Ceip Virxe do Carme. Comezarán o 1 de xullo e rematarán o 26 de agosto en horario de 9 a 13:30 horas”.
Toñi Eijo engadiu que “as bases e a folla de inscrición poden descargarse na sede electrónica do Concello de Burela, na páxina web do propio Concello ou recollerse na oficina de Gaia, sita na praza de abastos. O prazo de inscrición será do 8 ao 11 de xuño na oficina de Gaia”.
No acto de presentación participaron o alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo.