Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Burela acada acordo unánime contra as peaxes e a suba dos prezos dos combustibles da pesca

Burela, 4 de xuño, 2021. No pleno deste xoves no concello de Burela o grupo municipal do BNG presentaba iniciativas en forma de moción contra as peaxes nas autovías galegas. En verbas do seu voceiro, Mario Pillado “cremos que se trata dunha falta de respecto para a poboación da Mariña, que cando o tramo Barreiros-San Cibrao nin se sabe cando se vai construir se fale de aplicarle peaxes ou que nun tramo que periódicamente está pechado como o do Fiouco na A-8 tamén se vaia cobrar”.

Continuou Pillado sinalan do que “é unha medida contra A Mariña e Galiza pero tamén contra os sectores productivos, que dependen dos transportes, e teñen efectos antisociais porque atacan ás clases populares. Ademais incrementarase o tráfico en vías secundarias, co perigo que iso vai conlvar posto que nesas vías producen se gran parte dos accidentes mortais”

A Xunta e o estado deben facer fronte común contra a suba do prezo do combustible no sector pesqueiro

Outra moción presentada polos nacionalistas foi para protexelo sector pesqueiro da eliminación das exención fiscais ó combustible que planea a Organización Mundial do Comercio (OMC) por crer que fomenta a sobrepesca. Según Mario Pillado “na práctica é unha subida do prezo que podería dobrar o seu valor actual de 45 céntimos o litro. Este sería un golpe brutal para un sector fundamental para Burela, A Mariña e Galiza en canto a postos de traballo, o cal faría inviable a actividade, como nos veñen indicando dende o sector. A propia UE recoñece na pesca un sector sostiboe e sen pegada de carbono, polo que carecen de lóxica as trabas que se poñen a esta actividade. Por iso os gobernos do Estado e da Xunta deben traballar conxuntamente fronte a este tipo de medidas protexendo así o sector fronte á UE e á OMC”.

O BNG tamén presentou iniciativas sobre a mellora do local da Asociación Española contra ó Cancro, sobre a instalación medioambiental qe Alcoa, sobre a exención dunha taxa á asociación á asociación Fanto Fantini que organiza o festival Osa do Mar e sobre a redacción dun reglamento para o pleno, que asegure a súa emisión.

Exit mobile version