Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, acolleu este venres unha demostración sobre a aplicación dun novo revestimento simil pedra chamado Tor Piedra

Esta actividade, na que participaron 50 persoas, foi organizada polo Departamento de Edificación e Obra Civil do centro e correu a cargo de profesionais da firma Tor Pinturas. Desde o departamento de Edificación e Obra Civil do CIFP Porta da Auga destacaron que “a actividade, que foi eminentemente práctica, tivo unha gran aceptación por parte dos asistentes”. Ao rematar a demostración houbo un aperitivo para os participantes, que ademais recibiron agasallos de Tor Pinturas.

Exit mobile version