Site icon Crónica3.com A Mariña

O Futsi agarda ás laranxas nunha nova cita para a historia

Burela, 12 de xuño, 2021. As Guerreiras Laranxas están a paso de conseguir a súa cuarta liga da historia despois de impoñerse este mediodía ao STV Roldán FSF (5-1), en semifinais do Play Off de Torrejón de Ardoz. O Pescados Rubén Burela FS poderá defender o título como actual campión mañá na cita decisiva fronte ao Futsi Atlético Navalcarnero, primeiro finalista tras vencer a AD Alcorcón FSF (5-2). O Clásico, que arrincará ás 16.00 horas, poderá seguirse polas canles da RFEF.

Grande equilibrio repetiu o Jorge Garbajosa na pugna entre galegas e murcianas, como tamén se viviu no derbi madrileño. Jane avisou con moito perigo nos seus primeiros compases sobre a pista, no minuto 4, pero foi Leti Cortés, antes de chegar ao ecuador do primeiro tempo, quen estreou o luminoso nunha transición iniciada por Bea Mateos e con perfecta asistencia a un toque de Peque. Cristina evitou o segundo laranxa no minuto 12 ante Dany e tan só dous minutos despois Marta Pelegrín puxo a igualada nunha falta directa desde a banda; a 4 de Juan Alcaraz xa puxera a proba a rede de Jozi, no 9, con despexe da hispano-brasileira por arriba. Dispuxo de ocasións o conxunto de Julio Delgado para recuperar a vantaxe e foi Peque a que selou o 2-1 a falta de 48 segundos para a bucina do descanso, en parede con Cami. Antes Jane, nun bo recorte, e Ale de Paz, en dobre penalti, non puideran conseguilo.

O terceiro resistíuselles ás Guerreiras ata o minuto 33, que chegou coa firma de Jane en dobre penalti. Segundos antes tivera Ángela Gorriz unha de ouro en estratexia. Con pouco máis de cinco minutos para o final, STV Roldán optou por xogo de cinco, pero non conseguiu xerar perigo. No 37, Peque ampliou ao 4-1 a porta baleira e a falta de 17 segundos Jane tamén selou o seu dobrete, de novo con dobre penalti.

Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Peque, Lara Balseiro, Ale de Paz, Leti Cortés, cinco inicial; tamén xogaron Cami, Dany, Jane, Luísa Mayara, Bea Mateos
STV Roldán FSF: Cristina, Andrea Marín, Alba Gandía, Consuelo, Ángela Gorriz, cinco inicial; tamén xogaron Marta Pelegrín, Riscos, N. Montero, Lola, Mariángeles, Almudena

Goles: 1-0, minuto 9, M. Cortés; 1-1, minuto 14, Marta Pelegrín; 2-1, minuto 20, Peque; 3-1, minuto 33, Jane (d. p.); 4-1, minuto 37, Peque; 5-1, minuto 40, Jane

Árbitros: Lydia Guillem // Pablo Delgado // Irene Vargas // Ana Sánchez. Por Roldán amarela para Ángela Gorriz (minuto 27) e vermella para Marta Pelegrín (minuto 40)

Incidencias: Segunda semifinal de Play Off polo título de liga 2020-21 disputada no Jorge Garbajosa de Torrejón de Ardoz. Xunto ao presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco, apoiaron ás Guerreiras dende o palco de autoridades o deputado de Deportes de Lugo, Efrén Castro, e o responsable de fútbol sala de RFGF, Pablo Prieto.

Exit mobile version