Site icon Crónica3.com A Mariña

O GDR-1 Terras de Miranda aposta por un Espeleoparque na Mariña

Mondoñedo, 13 de xuño, 2021. O GDR-1 Terras de Miranda financia a través do programa Leader 2014-2020 a primeira fase da creación do Espeleoparque da Mariña, da man da Federación Galega de Espeleoloxía con sede en Mondoñedo, que se encargará do desenrolo do proxecto.
Este venres o GDR e a Federación mantiveron unha reunión no Pazo San Tomé de Mondoñedo cos alcaldes de Mondoñedo, Burela, Foz e Alfoz e algún técnico de turismo de estos concellos para avanzar con este proxecto.

A figura do Espeleoparque é un concepto novidoso e non existen experiencias como tal no ámbito nacional, consistindo nun territorio con unha superficie o suficientemente grande para permitir o desenvolvemento económico local, que inclúe un número de sitios representantivos relacionados coas covas e cos sistemas cársticos, non só relacionados co territorio xeolóxico e paleontolóxico, senón tamén aqueles de interese arqueolóxico, ecolóxico, histórico e cultural.

O Espeleoparque da Mariña, partindo dun territorio inicial formado polos concellos de Mondoñedo, Alfoz, Burela e Alfoz é capaz de aglutinar as diferentes formas xeolóxicas vinculadas co mundo soterrado, para con isto, definir un área de estudo e divulgación que sirva para desenrolar rutas a partir de estes “xeositios” e ofertar recursos a empresas de turismo que busquen calidade e turismo de contidos.

Nesta primeira fase realizaránse a identificación e xeoposicionamento dos distintos puntos de interese a nivel local, avaliación dos puntos de interese, contemplando a conservación e posta en valor dos recursos coidando e conservando o medio e por último o deseño dunha ruta inicial central da que sairán outros roteiros asociados que partan desta columna vertebral.

O obxectivo é diversificar a oferta turística do territorio poñendo en valor os recursos endóxenos do mesmo. O espeleoparque permitirá o desenrolo de visitas educacionais, turismo científico espeleolóxico (espeleoturismo), visitas de investigación e visitas recreacionais e deportivas.

Exit mobile version