Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo denuncia falta de transparencia do goberno local “por non querer explicar aos veciños onde inviste os cartos”

Ribadeo, a 1 de xuño de 2021. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, lamenta “a absoluta falta de transparencia do goberno do BNG” ao negarse a explicar durante o pleno celebrado á última hora da tarde deste luns onde inviste o Concello a achega da Xunta correspondente ao Fondo de Cooperación Local e que ascende a 425.000 euros neste ano. “É sorprendente a resposta do equipo de goberno local” que ante unha pregunta do Grupo Municipal Popular asegurou que “non era necesario” e que “é potestade deles investir onde estimen oportuno”.

Vega defende que “é de sentido común que calquera goberno explique aos veciños onde se inviste o diñeiro que é de tódolos veciños”. Nesa liña, asegura que “seguiremos reivindicando explicacións para coñecer onde se inviste esa achega tan importante da Xunta de Galicia”.

Do mesmo xeito, o voceiro popular considera tamén “un desprezo aos veciños” que o goberno local do BNG diga que “fará o que estime oportuno” en relación ás melloras dos barrios de San Miguel, a rúa Justo Barreiro, na travesía da rúa Alza San Lázaro, no barrio da Pega, na rúa Río Amalló e na Faxarda. É máis, “o goberno do BNG di que non temos razón cando trasladamos ao pleno as peticións dos veciños reivindicando inversión nestas rúas e o seu entorno, que é como dicir que os veciños non teñen razón”. Vega engade que “seguiremos reivindicando que se invista en tódalas rúas de Ribadeo e que non se trate a algúns veciños como se foran de segunda”.

Outro dos asuntos que os concelleiros populares trasladaron ante a corporación municipal foi a proposta para dotar dun baño ao mercado que agora se sitúa no aparcamento. “É necesario para o seu uso por parte dos praceiros que teñen todo o dereito de pedir este tipo de servizo”; pero, de novo, “a contestación do grupo de goberno é para alucinar debido á falta de respecto que supón para os veciños”. Dixeron que “o mercado non está tan lonxe, non está en Santa Cruz” e, polo tanto, que “teñen os bares cerca”.

“Reivindicamos mantemento e limpeza”
O mantemento dos parques infantís foi outra das reivindicacións do Grupo Municipal Popular. De feito, a vicevoceira Elena Sierra critica o abandono destas infraestruturas municipais onde “encontramos rotura de enganches en el equipamiento del parque de San Francisco, mal drenaje del suelo que provoca verdín, losetas sueltas en el quiosco de la música y columpios desengrasados”.

“También pedimos limpieza y desbroce de ciertas calles como es el caso de la calle do Pipelo transitada por mucha gente ya que en esa zona se encuentra la escuela infantil y el centro de día”, sinala Sierra. Do mesmo xeito, os populares esixiron o desbroce das inmediacións do colexio Sagrado Corazón e seguiron reivindicando a limpeza de contedores tanto na zona rural coma na zona urbana “y la retirada inmediata de los restos de la poda en la ladera de la playa de Os Bloques”.

Exit mobile version