Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que “o partido do goberno dana a sinalización turística en Ribadeo”

Ribadeo, 6 de xuño, 2021. A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, considera “increíble e indignante” que sexa o partido do goberno local, o BNG, o que dane a sinalización turística instalada no noso concello coa instalación de pegatinas nacionalistas nos sinais situados entre a rotonda dos Irmandiños e a rotonda da praia das Catedrais.

A popular indica que “la limpieza de las señales corre a cuenta del dinero público de nuestros vecinos y vecinas” e por iso “pediremos una explicación al señor Suárez” ao considerar que debería ser o BNG o que pague por limpar e acondicionar de novo estes sinais turísticos.

Exit mobile version