Site icon Crónica3.com A Mariña

Obras de renovación da calzada na LU-540

O Concello de Viveiro informa que ata o día 24 vaise acometer a primeira fase das tarefas de pavimentación da estrada LU-540, na gabia que no seu momento se abriu para instalar a tubería de gas. Os traballos iniciaranse á altura da gasolineira de Magazos e discurrirán ata Verxeles. O goberno local pide disculpas polas molestias que se poidan producir.

Exit mobile version