Otero lembra que o hospital da Mariña é o hospital de referencia da zona norte da provincia de Lugo “e atende a unha poboación de máis de 70.000 habitantes que se incrementa de xeito exponencial na época de vacacións”. Na iniciativa rexistrada remarca que, “neste centro hospitalario hai cinco prazas de radioloxía, pero a día de hoxe o Hospital só conta con tres radiólogos. No hospital da Mariña dende hai moito tempo existen dúas prazas de radiólogos sen cubrir, despois da xubilación dunha das profesionais e o traslado doutra facultativa”.
Así as cousas a Deputada Autonómica denuncia que “a non cobertura destas prazas é unha mostra máis da degradación constante e do desmantelamento da sanidade pública na comarca da Mariña por parte do Goberno de Feijóo, como xa o denunciamos hai pouco tempo tamén co servizo de cardioloxía”.