Site icon Crónica3.com A Mariña

Rescatados sans e salvos os dez tripulantes dunha embarcación tras encaiar en Nois

Burela, 3 de xuño, 2021. Un pesqueiro rescatou a oito dos dez mariñeiros da embarcación accidentada e trasladounos ata o peirao da fábrica de xeo de Burela, os dous restantes foron rescatados e trasladados polo helicóptero Pesca II do Servizo de GardaCostas de Galicia ata o Hospital de Burela.

Ningún dos mariñeiros precisou asistencia sanitaria.

Todo sucedeu sobre a unha e media desta madrugada. Foi a esa hora cando o persoal da aeronave do Servizo de Gardacostas de Galicia comunicaba ao 112 a súa saída, por mor dun barco encaiado en Nois, Foz.

Con estes datos e despois de contactar co persoal de Salvamento Marítimo e de GardaCostas de Galicia, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil.

Con todo, tras ser rescatados, o persoal de Salvamento confirmou o seu bo estado de saúde. Indicaron que o pesqueiro quedara encaiado nas rochas.

Exit mobile version