Site icon Crónica3.com A Mariña

Seguen as mobilizacións este xoves dos hostaleiros de Viveiro

Viveiro, 9 de xuño, 2021. Seguen as mobilizacións dos hostaleiros de Viveiro con novas accións. Este xoves sacarán de novo o mobiliario de mesas e cadeiras dos interiores dos seus negocios, amontoándoos na rúa xunto a rechamantes carteis que digan: “Goberno, traidor, deixáchesnos en roupa interior” e “Despois de vender o mobiliario en bragas quedámonos” colgando roupa interior nas montañas de mobles, como imaxe visual do estado no que se atopa a situación de moitos locais hostaleiros.

A acción completarase ás 12:00 horas na Praza Maior de Viveiro, onde os hostaleiros reuniranse para reivindicar que eles seguen sendo os que pagan os pratos rotos desta situación e como acto simbólico romperán pratos contra o chan.

Todas estas accións realízanse para reivindicar que o único que quere o sector hostaleiro é traballar e coas limitacións e trabas que se lles seguen poñendo non o poden facer.

Exit mobile version