Site icon Crónica3.com A Mariña

Traballos de mantemento nas praias de Viveiro

O Concello informa que, como cada ano nestas mesmas datas próximas ao inicio do período estival, se están a realizar os labores necesarios para acondicionar as praias do municipio. Os traballos impulsados polo goberno local inclúen tanto o acondicionamento dos accesos, a instalación do mobiliario necesario, así como a instalación das duchas. Actualmente, estanse empezando a realizar estes traballos na praia de Area e está previsto que continúen posteriormente no resto de areais do municipio: Covas, Celeiro e Seiramar.

Exit mobile version